martes, 26 de maio de 2015
UNHA DE ZAPATOS
Os grupos de 6º de Educación Infantil,fixeron en cadansúa clase "Unha de zapatos".
Esta actividade consiste en DESCALZARNOS para tentar ATINAR cos deportivos dentro dun cadrado amarelo que hai no centro do salón.
Cado todos lanzamos o calzado, facemos dous grupos:
- un grupo recolle os zapatos que están dentro do cadrado e fai unha rengleira na parte superior do escenario
- outro grupo recolle todos os tenis que están fora do cadrado e fan unha ringleira no chan, pegada ao escenario
Comprobamos a lonxitude das dúas ringleiras e definimos se houbo ou non puntería.
Recollemos todo o calzado dentro do saco (que era o cadrado amarelo) e colocamos o saco aberto no centro do salón. Por parellas, identificaremos o calzado , a partir da descripción que nos dá a nosa parella. Repetimos a operación á inversa ata conseguir que todos estemos calzados.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario